Sobre o Sistema de Información de Terras de Galicia

O Sistema de Información de Terras de Galicia é un sistema de información xeográfica que dá acceso á información sobre todos os procedementos e instrumentos recollidos na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
alt

Lei de recuperación da terra agraria

Aquí poderase ler todo o referente á Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

O principal obxectivo da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia é loitar contra o abandono e a infrautilización das terras e facilitar unha base territorial suficiente a aquelas explotacións que a precisan, á vez que procurar anticiparse aos incendios e traballar, en definitiva, pola recuperación demográfica e pola mellora da calidade de vida da poboación no rural. A xestión adecuada da terra agraria é imprescindible para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, os obxectivos do Pacto Verde da UE e os do Pacto Europeo polo clima. Ademais, a seguridade esixe garantir a competitividade das explotacións agrícolas e a resiliencia dos sistemas alimentarios locais e rexionais, polo que resulta esencial protexer un recurso escaso e non renovable como é a terra agraria, así como asegurar o seu acceso aos produtores agroalimentarios.

Novas 11 Abr 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou os traballos que se desenvolverán para poñer en marcha esta iniciativa, que suporá a reestruturación de 2.308 parcelas propiedade de 187 titulares. As actuacións que se realizarán están vencelladas con operacións de definición do parcelario, a investigación da propiedade, a clasificación da terra e a redacción do plan de ordenación de fincas de especial vocación agraria. Neste concello, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 ha cun investimento que nestes procesos superou xa os 19 M€. A Xunta rematou dende o ano 2020 un total de 32 parcelarias e decretou outras 29 no conxunto de Galicia, destinando este ano 24 millóns de euros para seguir impulsando estes procesos de mobilización de terra.

Novas 09 Abr 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou, no encontro celebrado esta mañá en Riomol, que proximamente van comezar diversos labores que permitirán a posta en marcha desta concentración. Santé explicou que se iniciarán as actuacións de obtención dos planos parcelarios e de preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria. A parcelaria desta parroquia do concello lucense de Castroverde abrangue unha superficie de 494 hectáreas, distribuídas en 1.192 parcelas propiedade de 143 titulares. A Xunta rematou dende o ano 2020 un total de 32 parcelarias e decretou outras 29 no conxunto de Galicia e destinará 24 millóns de euros neste 2024 para seguir avanzando neste eido.

Novas 04 Abr 2024

A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou, no encontro celebrado esta mañá ao carón da estación de tren, que proximamente van comezar diversos labores que permitirán a posta en marcha desta concentración. Santé explicou que se iniciarán as actuacións de levantamento topográfico, de obtención dos planos parcelarios e de preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria. A parcelaria de Almoite abrangue unha superficie de 287 hectáreas, distribuídas en 2.272 parcelas propiedade de 435 titulares. A Xunta rematou dende o ano 2020 un total de 32 parcelarias e decretou outras 29 no conxunto de Galicia e destinará 24 millóns de euros neste 2024 para seguir avanzando neste eido.

Novas 27 Mar 2024

Despois da fase de decreto, van comezar agora os primeiros labores de levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, cun investimento de 162.000 euros. Neste concello, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 ha cun investimento que nestes procesos superou xa os 19 M€. Dende 2020, a Xunta rematou en Galicia un total de 32 parcelarias e decretou outras 29.