O Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL) é a ferramenta web na que se poden consultar e solicitar as parcelas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.
O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural e integrado na Axencia Galega de Desenvolvermento Rural (Agader) co que se pretende regular o uso e aproveitamento de parcelas con vocación agraria, co dobre obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social. Na seguinte ligazón pode consultar toda a información de referencia sobre o Banco de Terras.
No seguinte cadro pode consultar os prazos habilitados para a realización dos trámites de incorporación e arrendamento de parcelas.
Períodos de realización de solicitudes:
Neste momento non está aberto o período para solicitar o arrendamento de parcelas incorporadas ao Banco de Terras.
A incorporación de parcelas polas persoas propietarias así como os arrendamentos pactados pódense tramitar ao longo de todo o ano.
Se desexa coñecer máis detalles de como empregar o SITEGAL prema aquí.
Id | Número Exp. | Data | Código | Superficie | Usos do solo | Prezo |
---|---|---|---|---|---|---|
14378 | 20172700028 | 11/07/2018 |
CAT:
0|71|295
SX: 0|71|295 |
16.963 m² (1,7 ha) |
Labradío:
16.963 m²
(1,7 ha)
|
302 euros anuais |
14377 | 20172700029 | 27/06/2018 |
CAT:
0|71|112
SX: 0|71|112 |
10.047 m² (1 ha) |
Labradío:
10.047 m²
(1 ha)
|
179 euros anuais |
14372 | 20171500006 | 31/05/2018 |
CAT:
0|10|3
SX: 0|10|3 |
4.524 m² (0,45 ha) |
Prado:
4.524 m²
(0,45 ha)
|
76 euros anuais |