Logotipo da Consellería do Medio Rural e do Mar
Logotipo de AGADER
Inicio - Protección de datos

Condicións de acceso ao sistema

En cumprimento do disposto no artigo 5 da vixente Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (en diante “LOPD”), informamos á persoa física titular dos datos (en diante “a persoa interesada”) de que os datos solicitados e os obtidos durante a xestión deste procedemento, solicitude, precontrato ou contrato, rexistro ou alta como usuario e uso das aplicacións informáticas que pon ao seu servizo a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) (en diante “a Entidade”), e os derivados, no seu caso, da relación negocial, laboral ou administrativa, e aqueles outros que puideran ser obtidos en rexistros públicos ou outras fontes legalmente admitidas ou se xeren ou tiveran xerado como consecuencia de procesos informáticos dos que tales datos sexan obxecto, serán incorporados aos ficheiros da Entidade, e que esta poderá efectuar o tratamento, automatizado ou non, de tales datos, directamente ou a través de terceiros que actúen pola súa conta e sempre sen prexuízo do deber de segredo, incluída a transferencia internacional de datos a terceiros países nos termos legalmente establecidos, coas finalidades seguintes: 1) a xestión, mantemento, desenrolo e control deste procedemento, solicitude, e das relacións negociais, laborais, administrativas, precontractuais ou contractuais que vostede tivera concertado ou concerte coa Entidade ou expedientes administrativos nos que sexa persoa interesada; 2) a incorporación, a cesión temporal ou a transmisión en propiedade, de predios con vocación agraria a través do Banco de Terras de Galicia, mantendo unha relación actualizada dos predios que o integran, dos seus propietarios, cedentes, cesionarios, usufrutuarios, ocupantes, precarios, confinantes, infractores, prestadores de bens e servizos en relación aos predios, titulares de dereitos reais ou persoais sobre os mesmos, incluíndo información sobre o seu destino, situación, réxime de tenencia, investigación da propiedade, cargas e gravames, expropiacións, beneficios fiscais, axudas e subvencións, facturación e demais necesarios para a xestión destes predios; 3) a xestión do procedemento polas entidades colaboradoras da Entidade, como a Administración xeral e entidades do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia as que fai referencia a Lei 16/2010, do 17 de decembro, ou norma que a modifique, e os Concellos de Galicia; 4) a actualización dos datos de carácter persoal que figuren recollidos nos ficheiros da Entidade, nos termos legalmente establecidos; 5) a publicación na páxina web oficial ou sede electrónica da Entidade, no taboleiro de anuncios electrónico da Xunta de Galicia e no Diario Oficial de Galicia da persoa titular da cesión de predios con vocación agraria ou doutros datos de obrigado cumprimento; 6) a realización de remisións ou cesión de datos de obrigado cumprimento a Notarios, Rexistradores da Propiedade, Administracións Públicas ou entidades e organismos; 7) os enderezos IP dos ordenadores dende os que se fagan conexións coas aplicacións informáticas que pon ao seu servizo a Entidade, os datos de rexistro e traza de accións realizadas e de permisos de accesos outorgados ou denegados teñen como finalidade controlar aos usuarios e as súas peticións.

Salvo que se indique outra cousa, os datos citados teñen carácter obrigatorio, levando a negativa a facilitalos a imposibilidade de tramitar e xestionar o procedemento, solicitude, precontrato ou contrato, rexistro ou alta como usuario e uso das aplicacións informáticas que pon ao seu servizo a Entidade, e os derivados, no seu caso, da relación negocial ou administrativa.

A persoa interesada pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na Lei respecto de tales datos, dirixindo un escrito á Entidade, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) Subdirección de Mobilidade de Terras, no enderezo Lugar da Barcia, nº 56, Laraño 15897 - Santiago de Compostela (A Coruña).

Tratamento, comunicación e cesións non necesarias para o cumprimento da propia relación entre a Entidade e a persoa interesada, envíos publicitarios ou promocionais, envío de comunicacións comerciais por vía electrónica:

A persoa interesada consinte expresamente a recollida de datos aquí descrita, o seu tratamento e calquera comunicación ou cesión de datos que poida efectuarse, incluída a transferencia internacional de datos a terceiros países: a) entre a Entidade e a Administración xeral e entidades do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia ás que fai referencia a Lei 16/2010, do 17 de decembro, ou norma que a modifique, nas mesmas condicións e con iguais finalidades. Os organismos e entidades que integran o sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, e o tipo de actividade que estes levan a cabo, son as que en cada momento figuren na rede de portais estruturada arredor do portal institucional www.xunta.es, aos que fai referencia o Decreto 201/2011, do 13 de outubro, ou norma que o modifique; b) entre a Entidade e terceiras persoas interesadas en poñerse en contacto coa persoa interesada en relación aos predios con vocación agraria, dos datos estritamente necesarios, coa finalidade da súa incorporación ou cesión a través do Banco de Terras de Galicia, ou en relación a xestión do predio ou dereitos e obrigas sobre o mesmo, e entre a Entidade e o interesado coa finalidade de informarlle sobre os predios que mais se axusten ao seu interese, incluso por correo electrónico, redes sociais, mensaxes de texto a teléfonos ou outro medio de comunicación electrónica equivalente; c) para o envío de información ou comunicacións comerciais e de promoción da Entidade e do Banco de Terras de Galicia, incluso por correo electrónico, redes sociais, mensaxes de texto a teléfonos ou outro medio de comunicación electrónica equivalente; d) para a petición de información para medir o seu grao de satisfacción coa Entidade, incluso por correo electrónico, redes sociais, mensaxes de texto a teléfonos ou outro medio de comunicación electrónica equivalente; e) para a realización e publicación de estudos con fins de mercado, históricos, estatísticos, científicos e de segmentación do titular dos datos.

A persoa interesada pode opoñerse ao tratamento, á comunicación e á cesión de datos aquí mencionada, para fins que non garden relación directa co mantemento, desenrolo ou xestión do procedemento ou relación contractual, a cuxo efecto poderá facernos chegar a súa oposición, por calquera medio, á Entidade, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) Subdirección de Mobilidade de Terras, no enderezo Lugar da Barcia, nº 56, Laraño 15897 - Santiago de Compostela (A Coruña).

En caso de non manifestar a súa negativa, entenderemos outorgado o seu consentimento. Non obstante, a persoa interesada poderá exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto de tales datos.

A Entidade informa que a negativa expresada non afecta ás cesións de datos que deriven de necesidades dos sistemas informáticos e operativos, aos tratamentos ou cesións que veñan amparados ou esixidos legalmente, ou que non precisen do consentimento da persoa interesada de acordo coa normativa aplicable, así como ao tratamento que derive do cumprimento do deber de conservación durante os prazos previstos legalmente e, en todo caso, durante o prazo de prescrición de accións previsto na normativa vixente en cada momento que resulte de aplicación a relación contractual ou administrativa, configurándose todos os tratamentos anteditos como necesarios para a formalización da relación negocial ou administrativa.

A persoa titular dos ficheiros adoptará as medidas técnicas e organizativas precisas para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.