Sistema de Información de Terras de Galicia
O Sistema de Información de Terras de Galicia é a ferramenta web na que se poden consultar e solicitar as parcelas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.
O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural e integrado na Axencia Galega de Desenvolvermento Rural (Agader) co que se pretende regular o uso e aproveitamento de parcelas con vocación agraria, co dobre obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social. Na seguinte ligazón pode consultar toda a información de referencia sobre o Banco de Terras.
No seguinte cadro pode consultar os prazos habilitados para a realización dos trámites de incorporación e arrendamento de parcelas.
Períodos de realización de solicitudes
A presentación de solicitudes de arrendamento sen concorrencia pódese realizar ao longo de todo o ano.
O período para a realización de solicitudes de arrendamento en concorrencia está aberto ata o 22/05/2026.
A incorporación de parcelas polas persoas propietarias así como os arrendamentos pactados pódense tramitar ao longo de todo o ano.
Se desexa coñecer máis detalles de como empregar o Sistema de Información de Terras de Galicia prema aquí.
Últimas parcelas incorporadas ao Banco dispoñibles
| Expediente | Código | Data de introdución | Superficie | Prezo (€ / ano) | Usos do solo |
|---|---|---|---|---|---|
|
2026LT00001
(2 parcelas) |
CAT: 0|139|69
CAT: 0|139|70
SX: 0|139|69
SX: 0|139|70
|
27/03/2026
|
3.802 m² (0,38 ha)
|
300 €
|
Prado: 3.802 m² (0,38 ha)
|
|
CAT: 14|510|1127
CP: 10|1127
SX: 14|510|1127
|
26/03/2026
|
21.535 m² (2,15 ha)
|
152 €
|
Forestal: 12.024 m² (1,2 ha)
Pasto e mato: 9.511 m² (0,95 ha) |
|
|
CAT: 0|130|65
SX: 0|130|65
|
26/03/2026
|
100 m² (0,01 ha)
|
20 €
|
Pasto e mato: 100 m² (0,01 ha)
|