Inicio - Accesibilidade
Accesibilidade

Declaración de accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web do: Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL).

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • As páxinas do sitio non están organizadas xerarquicamente o que pode dificultar a identificación correcta dos contidos polos produtos de apoio [requisito número 9.1.3.1 Información e relacións de UNE-EN 301 549:2019]
    • O sitio non está deseñado para dispositivos de ancho reducido o que dificultará a súa utilización nestes dispositivos [requisito número 9.1.4.10 Reaxuste de elementos de UNE-EN 301549:2019]
    • Algunhas combinacións de cores poden dificultar a súa lectura en determinadas condicións de luz ou baixo determinados problemas visuais [requisito número 9.1.4.3 Contraste (mínimo) de UNE-EN 301 549:2019]
  2. carga desproporcionada: non aplica.
  3. o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 08/07/2019.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Última revisión da declaración: 08/07/2019.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada o 08/07/2019.

Ligazóns relacionadas