Sistema de Información de Terras de Galicia

O Sistema de Información de Terras de Galicia é a ferramenta web na que se poden consultar e solicitar as parcelas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.

O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural e integrado na Axencia Galega de Desenvolvermento Rural (Agader) co que se pretende regular o uso e aproveitamento de parcelas con vocación agraria, co dobre obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social. Na seguinte ligazón pode consultar toda a información de referencia sobre o Banco de Terras.

No seguinte cadro pode consultar os prazos habilitados para a realización dos trámites de incorporación e arrendamento de parcelas.

Períodos de realización de solicitudes

A presentación de solicitudes de arrendamento sen concorrencia pódese realizar ao longo de todo o ano.

Nestes momentos non está aberto o período para a realización de solicitudes de arrendamento en concorrencia.

A incorporación de parcelas polas persoas propietarias así como os arrendamentos pactados pódense tramitar ao longo de todo o ano.

Se desexa coñecer máis detalles de como empregar o Sistema de Información de Terras de Galicia prema aquí.

Últimas parcelas incorporadas ao Banco dispoñibles sen concorrencia

Expediente Código Data de introdución Superficie Prezo (€ / ano) Usos do solo
CAT: 0|36|65
SX: 0|36|65
28/08/2025
1.743 m² (0,17 ha)
50 €
Forestal: 1.743 m² (0,17 ha)
CAT: 0|27|20
SX: 0|27|20
28/08/2025
3.895 m² (0,39 ha)
100 €
Pasto e mato: 3.895 m² (0,39 ha)
CAT: 0|37|151
SX: 0|37|151
28/08/2025
7.537 m² (0,75 ha)
120 €
Forestal: 5.093 m² (0,51 ha)
Pasto e mato: 2.444 m² (0,24 ha)