Aviso legal

Condicións e termos de uso da web

Propiedade intelectual

  • A Xunta de Galicia é titular do dominio da Internet de segundo nivel xunta.gal e dos distintos elementos nel incluídos.
  • Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración autonómica de Galicia.
  • Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso da cidadanía á información relativa ás iniciativas e servizos da Xunta de Galicia, facilitando así as súas relacións coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Fotografías

  • As imaxes desta páxina pertencen ao fondo fotográfico da entidade xestora do Banco de Terras de Galicia.

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como persoa usuaria, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: este portal non emprega cookies de terceiros.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación das persoas usuarias polo portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

  • JSESSIONID
    • Tipo de cookie: propia.
    • Finalidade: manter activa a sesión da persoa usuaria e no idioma seleccionado.
    • Política: Xunta de Galicia - Política de Cookies.
  • ms_session_id
    • Tipo de cookie: propia.
    • Finalidade: manter activa a sesión da persoa usuaria para a xeración de mapas.
    • Política: Xunta de Galicia - Política de Cookies.
  • cookiesession1
    • Tipo de cookie: propia.
    • Finalidade: seguridade do sitio web (evitar ataques e accesos malintencionados).
    • Política: Xunta de Galicia - Política de Cookies.
  • CookieAccept
    • Tipo de cookie: propia.
    • Finalidade: comprobar se a persoa usuaria aceptou o aviso sobre o uso de cookies.
    • Política: Xunta de Galicia - Política de Cookies.

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle de que parte dos servizos e funcionalidades do portal non responderán correctamente.

Protección de datos persoais

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.

Cláusula de exención de responsabilidade

  • O contido fornecido a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.
  • A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e perdas que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
  • A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos das ligazóns a páxinas externas ás cales se fai referencia na web.
  • A Xunta de Galicia reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Reprodución

  • A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. A persoa usuaria comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

Caixas de correo

  • A Xunta de Galicia non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas, excepto as do propio departamento. A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

Servizo

  • Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

Termos de uso

  • Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
  • Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.
  • A persoa usuaria non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.